UN RECINTO FEIRAL DE 26.000 METROS CADRADOS

Con cinco pavillóns e unha superficie expositiva global de 8.500 metros cadrados

Pavillón 3

O pavillón 3 acolle a entrada principal ao recinto feiral e nel estarán ubicados, principalmente, tódolos fabricantes e comerciantes de mobles da Estrada.

Pavillón 4

No primeiro andar deste pavillón están ubicadas as oficinas e o salón de actos da fundación.

Pavillón 5

Situado a continuación do nº 4, este pavillón dá continuidade ao percorrido expositivo e acolle no seu interior as escaleiras de acceso ao pavillón 6.

Pavillón 6

Ubicado no soto do pavillón 5, esta superfice queda reservada para firmas dos sectores complementarios e actividades de lecer.

Pavillón 2

Situado nas instalacións do Polideportivo Manuel Coto Ferreiro, este pavillón pecha o percorrido expositivo e acolle a saída do recinto feiral.