37º FEIRA DO MOBLE DE GALICIA - DO 18 o 21 DE SETEMBRO DO 2025

 

 

O certame acada a súa 37ª edición e nela ofrecerá un amplo escaparate de exposición e comercialización de mobles, complementos, artigos de  decoración e outros útiles e prestacións para o equipamento do fogar nun amplo espazo de exposición distribuído en 4 pavillóns. O horario de visita terá carácter ininterrompido, entre as 11.00 e as 20.00 horas durante as catro xornadas de duración da feira.

Con máis de tres décadas de traxectoria, esta cita estradense supón un escaparate de referencia para o sector do moble, a decoración e os artigos do fogar. Así, a Feira do Moble de Galicia está orientada tanto á satisfacción do público particular -que atopará un amplo abano de posibilidades para amoblar ou equipar o seu fogar- coma ao profesional, con atención neste último caso á ampliación de mercados e carteiras de clientes nun momento no que o auxe do sector inmobiliario está a realzar a comercialización de mobles e produtos afíns.

Entre os sectores representados no  certame, xunto coas propostas de mobiliario o visitante atopará tamén decoración, descanso, tapicería, electrodomésticos, automatismos ou enerxías renovables, entre outras áreas de equipamento do fogar.

Data: do 18 ao 21 de setembro de 2025

Horarios: de 11 a 20 horas ininterrompido.

Localización: 5 pavillóns do Recinto Feiral de A Estrada

BASES DO SORTEO DE AGASALLOS PATROCINADOS POR FIRMAS EXPOSITORAS DA 37ª FEIRA DO MOBLE DE GALICIA (18-21/09/2025)

BASES DO SORTEO DUNHA VIAXE A AVEIRO (PORTUGAL) PARA DÚAS PERSOAS

Cartel Edición 2025

Please wait while flipbook is loading. For more related info, FAQs and issues please refer to DearFlip WordPress Flipbook Plugin Help documentation.

EDICIONS ANTERIORES

ASÍ FOI A 35ª FEIRA DO MOBLE DE GALICIA