4º Feira Multisectorial ExpoEstrada - MAIO 2020

O 9 e 10 de Maio celebrarase a 4º edición da Feira Multisectorial ExpoExtrada. Este evento coincidirá coa Feira de Antigüidades e Artesanía e co Encontro de Palilleiras nas instalacións do Recinto Feiral de A Estrada. Neste evento poderase atopar mais de 50 stands de sectores tan variados como o téxtil, calzado, tapicería, mobiliario, descanso, alimentación, papelería, electrodomésticos, bricolaxe, ferretería, complementos, óptica ou menaxe.

Esta feira estará emprazada no pavillón 5 o cal permanecerá aberto en horario ininterrompido do sábado 9 ata o domingo 10 desde as 10 ata as 20 horas. A entrada terá un prezo simbólico de un euro e dará dereito a entrar, durante toda a fin de semana, a tódalas feiras. Ademais, coa entrada entrarás no sorteo de dous vales de compra e de dúas ceas para dúas persoas.

 

Data: 9 e 10 de Maio de 2020

Horarios: de 10 a 20 horas ininterrompido.

Prezo da Entrada: 1 euro

Localización: Pavillón 5 do Recinto Feiral de A Estrada

cartel-feira-multisectorial-expoestrada-a-estrada-maio-2019

Cartel Edición 2019

DOCUMENTACIÓN

Contrato reserva espacio 2020 – Galego

Contrato reserva espacio 2020 – Castellano