FUNDACIÓN DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DA ESTRADA

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada é unha entidade pública creada no ano 1992 para asumir a organización e promoción da Feira do Moble de Galicia, certame que nas súas primeiras cinco edicións fora impulsado e coordinado pola Asociación do Moble da Estrada.

Desde a propia constitución da fundación, o Padroado é o principal órgano de xestión e conta como membros fundadores coa Xunta de Galicia, o Concello da Estrada, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía e a Asociación Comarcal de Empresarios (ACE).

A Fundación de Exposicións e Congresos foi declarada Fundación de Interese Galego en 1993 e, desde entón, centra a súa actividade na organización de feiras e salóns monográficos e no desenvolvemento de accións formativas e de apoio ao emprendemento local.

Entre os certames que organiza atópanse a Feira do Moble de Galicia, as Feiras de Antigüidades e Artesanía, os Salóns Motor Classic, as Feiras de Labores, os Encontros de Palilleiras, as Feiras Multisectoriais ExpoEstrada, as Feiras de Oportunidades do Comercio e os Salóns de Vehículos de Ocasión.