1ª FEIRA DA XUVENTUDE

Esta 1ª Feira da Xuventude que se celebrará os días 11 e 12 de maio no recinto feiral da Estrada nace como un evento especificamente orientado á mocidade e que dará cabida a toda clase iniciativas e actividades de interese para os xóvenes. Está concebida para converterse nun espazo de encontro entre colectivos xuvenís, empresas e entidades colaboradoras que desexen protagonizar e compartir experiencias memorables.

Principalmente orientada ao público xuvenil e familiar, tamén está totalmente aberta a calquera persoa interesada na programación de actividades que se está a configurar. En canto aos expositores, está enfocada aos colectivos e asociacións xuvenís, ás empresas, aos emprendedores, aos vendedores (comercios e produtores ) e ás entidades colaboradoras e institucións.

A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA FEIRA?

XÓVENES E COLECTIVOS XUVENÍS

  • Gozarán das súas afeccións nunha contorna estimulante, o que lles permitirá obter ferramentas de formación e profesionais.
  • Poderán acceder ás empresas e institucións que poidan axudalos a acadar os seus obxectivos, sempre dunha forma próxima e directa.
  • Compartirán espazos de convivencia que xerarán experiencias que pagará a pena lembrar, potenciando a creación de vínculos.

EMPRESAS

  • Poderán dar a coñecer os seus servizos e/ou produtos directamente aos seus consumidores, tendo a oportunidade de transmitir tódolos seus beneficios dun xeito cercano.
  • Captación de emprendedores e proxectos innovadores que aporten beneficios ao sector.
  • Crearanse sinerxias entre os distintos sectores para progresar no desenvolvemento de ofertas máis competitivas.

ENTIDADES COLABORADORAS

  • Brindaráselles a posibilidade de expor o seu labor dun xeito próximo, permitíndolles crear empatía cos usuarios ou posibles colaboradores.
  • Poderán dar a coñecer os programas ou proxectos que sexan de interese para os/as mozos/as motivándoos para participar dun xeito activo.
  • Estableceranse vínculos de colaboración entre os distintos sectores, aportando experiencias comúns.

Sectores

  • Xuventude
  • Voluntariado
  • Educación
  • Cultura
  • Deporte
  • Sanidade
  • Benestar
  • Natureza
  • Artesanía
  • Emprego
  • Emprendemento
  • Turismo
  • Tecnoloxía
  • Innovación
  • Gastronomía

Contacto

Coordinación dos colectivos

  • Teléfono: 676 728 247
  • E-mail: aso.ocionautas@gmail.com

Recinto Feiral

  • Teléfono: 986 57 34 06
  • E-mail: fecae@feiradomoble.com