COMO RESERVAR SUPERFICIE DE EXPOSICIÓN

Se representa a unha empresa dos sectores do mobiliario, o interiorismo, a decoración, a artesanía, as antigüidades, o comercio en xeral (roupa, calzado, téxtil, complementos, etc.) e desexa acudir como expositor aos diferentes certames que organizamos desde a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, contacte con nós e aportarémoslle toda a información que precisa para axudarlle a tomar a decisión de participar.

Na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada acumulamos máis de 30 anos de experiencia no desenvolvemento de feiras e eventos e na promoción económica de sectores e subsectores punteiros da economía local e rexional, polo que este recinto é un lugar idoneo para fomentar o contacto directo entre a oferta e a demanda de produtos e servizos. Desde a fundación contribuímos así á dinamización económica e social da nosa contorna, axudando ao tecido empresarial a poñer en valor os seus negocios e actividades.

Se precisa ampliar información sobre os diferentes certames que promovemos, organizamos e acollemos, recomendámoslle que visite nesta páxina web os apartados específicos de cada un dos eventos para coñecer as particularidades de cada un, así como os espazos dispoñibles en nos diferentes pavillóns que conforman o recinto feiral.

Por último, recomendámoslle facer a súa reserva canto antes para non quedar sen sitio no evento que lle interese!

Escríbenos