PREGUNTAS E RESPOSTAS FRECUENTES

Ata cando se pode reservar espazo na Feira do Moble de Galicia?

O prazo de reserva de stands permanecerá aberto ata que se esgote a totalidade da superficie de exposición dispoñible. Nembargantes, se está interesado/a en acudir á Feira do Moble de Galicia recomendámoslle que faga a súa reserva canto antes para evitar quedar sen espazo.

Cales son as tarifas para contratar espazo de exposición na Feira do Moble?

As tarifas para a contratación de superficie de exposición están á súa disposición nesta mesma páxina web, no apartado EXPOSITORES – RESERVAS DE ESPAZO, na ligazón MODELO DE CONTRATO.

Cantas persoas adoitan visitar a Feira do Moble de Galicia?

Na trixésimo primeira edición da Feira do Moble de Galicia, no ano 2017, visitaron o recinto feiral máis de 12.000 personas. Este ano, coa participación de máis expositores e co reforzo da campaña de comunicación e publicidade que se desenvolverá, a organización agarda incrementar esa cifra.

Que servizos xerais inclúe a participación na Feira do Moble como expositor?

O contrato de participación na 32ª Feira do Moble de Galicia permítelle a tódolos expositores beneficiarse de servizos comúns como o parking para expositores, megafonía interior e exterior, salas de reunións, acceso a internet e conexión wifi, servizo de fax e fotocopias, xornais diarios, gabinete de prensa, reportaxes fotográficas e en vídeo, servizo de seguridade, presenza na publicación sobre o certame, etc.

Con quen teño que contactar para contratar espazo na Feira do Moble?

Para informarse sobre a superficie expositiva que aínda queda dispoñible pode dirixirse ao Departamento Comercial da Fundación de Exposicións e Congresos chamando ao teléfono 986 57 34 06 ou escribindo un correo electrónico ao seguinte enderezo: fecae@feiradomoble.com.

Está programada algunha campaña de publicidade ou comunicación para promocionar a Feira do Moble?

Para a trixésimo segunda edición da Feira do Moble de Galicia, a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada está a planificar diferentes accións promocionais e divulgativas: ademais da activación dun gabinete de prensa específico para dar a coñecer as novidades do certame, está prevista a distribución en toda Galicia de 2.000 exemplares dunha publicación sobre a feira e tamén o desenvolvemento dunha campaña publicitaria específica para as redes sociais.