57ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA

A Feira de Antigüidades e Artesanía é un dos eventos clásicos do recinto feiral estradense; de feito, os días 15 e 16 de decembro de 2018 alcanza a súa 57ª edición. Trátase dun certame totalmente consolidado no circuíto feiral de Galicia, xa que en cada edición recibe a visita de centos de persoas afeccionadas ao mundo das antigüidades, a artesanía, o coleccionismo, a xoiaría, a decoración, a almoeda, a numismática, a pintura, a música, etc.

É dicir, a Feira de Antigüidades e Artesanía é un evento moi recomendable para atopar toda clase de pezas orixinais e restauradas, curiosidades, apeiros de labranza, libros antigos, vinilos, mobles clásicos, pezas de porcelana e infinidade de artigos e produtos vintage.

Para esta clase de certames, que se celebran cada catro meses e que contan cun público fiel a cada unha das citas que se marcan no calendario, o recinto feiral da Estrada adoita habilitar unha superficie de máis de 7.400 metros cadrados nos pavillóns 5 e 6. Nesta ocasión, a 57ª edición da Feira de Antigüidades e Artesanía complementarase coa celebración do 6º Salón do Vehículo Clásico.

DOCUMENTACIÓN

Cartel

Dossier

Modelo de contrato para expositores

Plano dos pavillóns

ANTERIORES FEIRAS EN IMAXES