A Feira de Antigüidades e Artesanía é un dos eventos clásicos do recinto feiral estradense.
Trátase dun certame totalmente consolidado no circuíto feiral de Galicia, xa que en cada edición recibe a visita de centos de persoas afeccionadas ao mundo das antigüidades, a artesanía, o coleccionismo, a xoiaría, a decoración, a almoeda, a numismática, a pintura, a música, etc.
A Feira de Antigüidades e Artesanía é un evento moi recomendable para atopar toda clase de pezas orixinais e restauradas, curiosidades, apeiros de labranza, libros antigos, vinilos, mobles clásicos, pezas de porcelana e infinidade de artigos e produtos vintage.
Estes certames, celebranse cada catro meses e contan cun público fiel a cada unha das citas que se marcan no calendario.