SAÚDO DO XERENTE

Nemesio Rey Pazos

Estimado/a internauta:

Como xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada quero darche a benvida a esta páxina web que pretendemos converter nun escaparate máis do labor que realizamos desde a fundación e, por extensión, de tódalas firmas e profesionais que participan nas feiras e certames que promovemos e organizamos.

Nos tempos que corren, adaptarse ás novas tecnoloxías da comunicación non é unha opción, senón máis ben unha obriga e unha necesidade para seguir sendo competitivos no mercado global. Por iso, nun momento no que pretendemos darlle un novo pulo ás feiras que organizamos, decidimos actualizar esta páxina web e convertela nunha ferramenta sinxela, que non simple, e útil para que as audiencias ás que nos diriximos -tanto expositores como visitantes- atopedes toda a información que precisades.

Da mesma forma que o noso principal obxectivo é reposicionar á Feira do Moble de Galicia como o gran evento de referencia do noroeste peninsular para os sectores do mobiliario, do interiorismo e da decoración, no ámbito on line queremos que este sitio web sexa para todos vós unha fonte de información fiable, dinámica e viva. Para conseguilo, apelamos tamén á túa colaboración para axudarnos a melloralo día a día coa aportación de novas ideas e suxestións.

Agardamos que o resultado che resulte atractivo e interesante. Un saúdo.

 

Nemesio Rey Pazos

Xerente da fundación