Unha mostra dobre abrirá a programación da Fundación de Exposicións e Congresos neste 2025
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada dará comezo esta semana á súa programación deste ano 2025 cunha nova edición das feiras de oportunidades de comercio e de antigüidades, que volverán convertir por uns días este recinto na capital destes sectores en Galicia.
Esta doble mostra abrirá as súas portas ao público na tarde do vindeiro venres 14 de marzo e permanecerá operativa ata o domingo. Nestas exposicións, os visitantes poderán atopar descontos de ata o oitenta por cento no prezo dalgúns dos produtos expostos, así coma outras ofertas especiais.
Ademais, sortearanse entre os asistentes varios lotes promocionais cedidos polas firmas presentes na mostra, na que as entradas adquiridas serán válidas para os tres días que durará o evento.
A feira de antigüidades celébrase na Estrada dende hai décadas e está a piques de chegar ás setenta edicións, mentres que será a decimoterceira vez que teña lugar a feira de oportunidades de comercio. Entre as dúas ocuparán un total de tres pavillóns, nos que medio cento de firmas exporán os seus bens.
Te puede interesar
Neles poderanse adquirir todo tipo de enseres, dende calzado e roupa ata mobiliario, menaxe ou electrodomésticos; pasando por artículos para o descanso, libros, porcelana ou mesmo vehículos de segunda man e seminovos.
Publicado o 10/03/2025 en El Correo Gallego